Ruta con bastante desnivel de baixada pero doada, xa que esta baixada transita pola antiga ruta del Arcediano (GR 201). Antes de chegar ata ese camiño, dende Vegabaño, temos que seguir as marcas do PR-PNPE 9 e do PR-PNPE 6 por un tupido faial. Dende o punto máis alto da ruta tomamos a senda del Arcediano, camiño antigo e empedrado que aínda se conserva en bo estado. Estupendas vistas do cañón do río Dobra e dos Ordiales. (Yeyi)